13/10/08

Presentación do libro Boas Noites de Paula Carballeira


O pasado día 9 de outubro a Biblioteca do Milladoiro (Ames) acolleu a presentación do libro Boas Noites de Paula Carballeira.
Tratouse dun conto engarzado cun acto musical, destinada a un público maior de 6 anos, onde conviviron grandes e pequenos. Acompañaron á propia artista Vadim Yukhnevich, acordeón e voz; Pablo Pérez, contrabaixo; e Manolo Panforreteiro, melodica, percusións e voz.
Coñecedes a Xiana? Esa nena que non ten tempo para xogar, e moito menos para soñar e pensar? E que non pode pechar os ollos para durmir!

Sem comentários:

Enviar um comentário