27/05/08

LEIXAPRÉN 2008
























O 22 de maio de 2008 celebrouse o acto de entrega do IX Premio Leixaprén, na Casa de Cultura "Santeiros de Chave" do Concello de Lousame, porque como sabedes, este curso organizaba o CPI Cernadas de Castro.

Ao acto asistimos os alumnos de 4º de ESO, Diversificación Curricular e PGS e todos os membros do ENDL do centro e dos demais centros da coordinadora Leixaprén, así como distintas autoridades do Concello e maila coordinadora provincial dos ENDL.

Aproveitouse para homenaxear ao ilustrado cura de Fruíme con distintas actividades, como unha representación teatral, unha versión musicada dos seus poemas por parte das pandereteiras do grupo Repiniqueiras ou a interpretación da peza musical "Escravo da Nosa Señora" por parte dun sexteto da Banda de Lousame, que nos acompañou ao longo de todo o acto. Con todo, a actividade estrela foi a presentación da curta sobre o cura de Fruíme que se rodou no propio centro, coa axuda de alumnos, profes, pais e ata os conserxes!!

A conferencia inaugural correu a cargo dun profesor do Instituto Teolóxico de Santiago, que falou sobre a figura de Cernadas e fíxoo dun xeito moi ameno, resultounos entretido.

No acto, tódolos participantes presentaron as súas reivindicacións:

- O conferenciante e o alcalde de Lousame pediron un Día das letras para o cura de Fruíme.

- O director do colexio pediulles aos asistentes o seu compromiso diario coa lingua.

- A coordinadora provincial e a coordinadora do ENDL do colexio solicitaron o recoñecemento para as persoas e institucións que traballan pola normalización do idioma e que moitas veces pasan inadvertidas.

Entregóuselle o Premio Leixaprén á Escola Infantil Raiola, que recolleu a súa directora, Dolores Seoane; nas súas palabras de agradecemento, insistiu no uso da lingua con naturalidade, "igual que coidamos a paisaxe que nos rodea, a natureza, coidamos a nosa lingua". Bravo por ela!















































Sem comentários:

Enviar um comentário