13/10/08

Morre en Barcelona o poeta Ramiro Fonte.


O poeta e intelectual galego Ramiro Fonte, de 51 anos, faleceu no Hospital Bellvitge de Barcelona, onde se atopaba ingresado desde o pasado 23 de setembro. Fonte dirixía na actualidade o Instituto Cervantes de Lisboa.
Ademais de poeta, cultivou a narración, o ensaio, a crítica e foi un estudoso da literatura galega.
Ramiro Fonte era desde hai anos colaborador habitual de A Nosa Terra, onde mantivo unha columna aberta ás súas intensas inquedanzas culturais.
As letras e a lingua galega están de loito, ante a perda, de Ramiro Fonte.

Unha mostra da súa poesía, que nolo lembrará sempre:

VITA NUOVA
-páxina de diario-

Deixar que o solpor morra co seu ritmo
de imposible navío ou de rapaza
e descifre o remate da novela.

Beber na noite os seus licores lenes
e brindar cos amigos nesa copa
escura que nos ata á mesma causa.

Escribir algún verso que a fortuna me dicte
e nalguna hora acaso como esta,
mollada na lembranza, perseguir
sen pintalos nos lenzos,
certos corpos amados.

Sem comentários:

Enviar um comentário