20/10/08

Catro libros recopilan os primeiros diarios galegos.

O Consello da Cultura Galega presentou o día 14/10 catro volúmenes nos que se recompilan os primeiros diarios que se editaron en Galicia, coincidindo coa chegada das tropas napoleónicas a España no 1808. Diario de Santiago y Diario de La Coruña foron as primeiras cabeceiras en ver a luz nuns tempos convulsos durante os que se desenvolveu una guerra de papel de xeito paralelo ás loitas entre españois e franceses.
En palabras do presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, esta recompilación permite comprobar que Galicia non perdeu o tren da historia, xa que, entre o 1808 e o 1815 chegáronse a editar 43 diarios, unha das cifras máis altas de toda España.
Primeiros diarios galegos contén máis de 2000 páxinas nas que se repasan contidos como: Apéndice al primitivo diario de Santiago, Gazeta de la Coruña o Telégrafo Político y Literario de La Coruña. Contén, ademais, análises críticas sobra a prensa galega da época. O traballo de localización e edición das cabeceiras está feito pola escritora Rosa Aneiros, coa colaboración de Xosé Ramón Barreiro.

Sem comentários:

Enviar um comentário