13/10/08

O decreto 124/2007 do uso do galego.

O xornal El País publica o 10 de outubro, que un membro dun partido político pretende derrogar o decreto do galego cando chegue ó goberno: “Feijóo asegura que derogará el decreto del gallego "en cuanto llegue al Gobierno"”. Afirma que tal decreto discrimina a pais e a nais e ó profesorado. Onde está o problema, de que, por fin, teñamos un decreto que nos regule as materias e horas a impartir na nosa lingua?
Como é posible que se diga que se precisa dun “bilingüismo cordial onde teña unha parte moi importante o inglés”?. Realmente cren que imos falar en inglés no noso quefacer diario?
Esa é a pregunta que se fai Quintana cando no mesmo xornal, un día despois, se pregunta: “que lle faría o Galego a Feijóo?”.
Non se pode perrmitir xogar coa sensibilidade dos falantes!

Sem comentários:

Enviar um comentário