20/10/08

Fuxan os Ventos esgotan as entradas para os seus dous concertos.


O 18 e o 19 de outubro Fuxan os Ventos arrasaron e superaron todas as previsións. O éxito de convocatoria foi enorme, tendo en conta o moito tempo que levaba o grupo sen pasar por un escenario. O público devece por volver velos xuntos, e máis arrodeados de bos amigos, como estiveron nestes dous días no Auditorio de Galicia, co seu espectáculo 'Terra de soños'. Alí recuperaron temas míticos como "A Carolina" ou "A Sementeira".
O concerto enmárcase en Sons de Diversidade, o ciclo de músicas do mundo organizado pola Concellaría de Cultura de Compostela.
Escoitade a súa música en: http://www.fuxanosventos.net/

Sem comentários:

Enviar um comentário