20/10/08

Reeditan tras seis anos de parón a Revista de estudos rosalianos


Segundo confirman distintas fontes, o pasado 10 de outubro a Fundación Rosalía presentou, cando se cumpren exactamente 150 anos do enlace da cantora do Sar con Manuel Murguía, o nº 3 da Revista de estudos rosalianos. Dirixida polo profesor Xesús Alonso Montero, a publicación interrompeuse no ano 2002 por motivos varios, fundamentalemente económicos.
A revista recolle, entre outras cousas, textos pouco coñecidos sobre a autora de Cantares gallegos, un discurso de Álvarez Blazquez sobre Rosalía, unha recensión do acto conmemorativo dos 100 anos do matrimonio Castro-Murguía con grande repercusión na capital de España.
O acto celebrouse na facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela.
A fundación cultural padronesa "quere botar a andar o Centro de Estudos Rosalianos como estímulo de investigación sobre Rosalía e implicar ao mundo universitario na mesma", recalca Villar Janeiro.

Sem comentários:

Enviar um comentário