27/05/08

CORRELINGUA 2008







O pasado 12 de maio, como cada ano, os/as alumnos/as de 3º ESO participamos no Correlingua celebrado en Santiago. Había moita xente, este ano moitos máis rapaces de primaria. Levamos as pancartas cos lemas do noso centro, nos que seguiremos insistindo. Ademais, fixemos outras novas aproveitando a vea creativa de Brais, que compuxo unha canción para a ocasión. O noso grupo foi do máis animado durante a carreira e a piques estivemos de levar o premio de animación. Ao remate divertímonos vendo aos de Chévere co seu Pressing- Catch lingüístico, unha idea moi ocorrente. Antes de vir aínda colaboramos cos da TVG para a realización dun documental sobre a lingua que están preparando para xullo. E por fin, agardando polo bus de volta, tivemos unha animada charla sociolingüística coa xente que alí estaba sobre a conveniencia de usar a cotío a nosa lingua. Vaia, que foi unha xornada moi aproveitada!! Aquí tedes algunhas fotos do día.

Sem comentários:

Enviar um comentário