31/03/08

AN ALFAYA COS DE SECUNDARIA







O 28 de marzo visitounos por fin An Alfaya. Organizouse a visita en dúas sesións, unha cos de 1º ciclo da ESO e outra cos do 2º ciclo, porque lemos obras distintas. No 1º ciclo falou de Sireno, sireno e A encontadora. Os de 2º ciclo participamos na primeira sesión, que nos resultou moi interesante e amena. Soubemos algunhas curiosidades dela, como que non se chama An, e non é catalana como pensabamos, senón Mª dos Anxos. Tamén nos falou da súa profesión de detective e outras curiosidades. Pero o que máis nos sorprendeu foi saber como xurdiron as súas obras Illa Soidade e A sombra descalza. Sobre esta obra mesmo discutimos con ela sobre a trama e o fin que lles deu a algúns personaxes. É moi teatreira contando as cousas e cando nos demos conta xa rematara a sesión. Ao final tamén lles demos os libros para que nolos asinase e respondeunos a unha entrevista que publicaremos na revista escolar. Para o curso que vén repetiremos con outro/a autor/a!

Sem comentários:

Enviar um comentário