EDL

EDL
BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!!

01/04/08

Galicia bilingüe

Lemos en A Nosa Terra (nº 1303, 27 marzo 2008) un artigo moi intelixente sobre a asociación Galicia Bilingüe, escrito por Xosé María Álvarez Blázquez, que vos recomendamos. Explica coa retranca que nos caracteriza as razóns que moven a esta asocación, suposta defensora do bilingüismo en Galiza. Por que se lembran agora de defender o dereito a usar os dous idiomas oficiais do noso país? Que pasa, é agora cando se está perdendo ese dereito? Ou é que, como dicía en El Mundo (domingo, 23 de marzo de 2008) Gloria Lago, "entón a inspección non se empregaba a fondo, había certa laxitude na aplicación dos decretos e facíase a vista gorda"? É dicir, é que ata o de agora sentían que a lei era papel mollado e podían facer o que lles daba a gana abusando e pisando os dereitos dos galegofalantes?
A Galiza Bilingüe, na que tódolos falantes poidan utilizar sempre e con liberdade o idioma oficial que desexen, é a que queremos nós, non nos parece que sexa a que defendan eles.

1 comentário:

  1. Eu tamén lin o artigo ese e non me pareceu nada orixinal no que di; o que me gustou a foi a retranca con que fía as críticas que lle fai a esa asociación. Os que teñades oportunidade, lédeo.

    ResponderEliminar