31/03/08

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN










O pasado 11 visitounos, como vos anunciaramos, Anxo Fariña. Cóntannos os rapaces de primaria que o pasaron moi ben, que alucinaron vendo como crea o ilustrador os personaxes que eles coñecen tan ben. Algúns fixeron de modelo para el e foron convertidos en superheroes de cómic. Tamén nos contaron dos megatoxos, uns personaxes creados por Anxo dos que están desexando ler as súas aventuras na biblioteca.

Sem comentários:

Enviar um comentário