19/02/08

VISITA DE ANXO FARIÑA


O noso ENDL decidiu este ano organizar unha actividade que incentivase a lectura en galego e fose atractiva para os máis pequenos, pero que o mesmo tempo requerise a súa implicación activa no uso da lingua. Con este motivo, o vindeiro 11 de marzo os nenos e nenas do 1º e mailo 2º ciclo de Primaria recibirán a visita do ilustrador Anxo Fariña, que lles impartirá un obradoiro de ilustración e lles amosará o proceso de creación dalgúns dos seus deseños. Fariña é autor, entre outros, dos libros da colección "Antón e Pompón", do Consorcio Editorial Galego, ou de títulos como Xabi non pode durmir ou O mago das formas, publicados na colección Contos do Miño, de A Nosa Terra. Para saber máis deste autor, podedes visitar a súa web:

www. amigranha.com.

Sem comentários:

Enviar um comentário