18/02/08

O AMOR EN GALEGO

Como vén sendo habitual estes últimos cursos, os nosos compañeiros e compañeiras responderon á cita do "Declárate en galego" e puxeron de manifesto a súa paixón, os seus amores platónicos, o seu sufrimento e toda clase de sentimentos amorosos na nosa lingua. Escollemos tres de mostra a ver que vos parecen.
O máis triste:
Mentiría se dixese que non te
Amo, que se te vas non me
Romperás o corazón, que quedarei
Indiferente, mirando como a
Outra lle dás o amor que me pertence.

O platónico:
Como me gustaría estar contigo sempre,
e acariñar a túa cara e os teus beizos.
Como non podo,
seguirei pensando en ti.

O conformista:
Deiteime pensando en ti.
Levanteime pensando en ti.
E tódolos días así

Sem comentários:

Enviar um comentário