19/02/08

FANNY E ALEXANDER


Este é o nome dunha parella de composteláns aos que non coñeciamos de nada, pero que nos sorprendeu. Nos seus discos mesturan rock, hip hop ou electrónica coa música tradicional.

Para as letras acoden a poemas de autores galegos como Daniel Salgado ou Pilar Pallarés. Escoitamos o seu segundo disco, Finais dos 70, comezos dos 80 e gustounos moito, en especial o primeiro tema e mailo último, "Berlín", un longo poema que recita a súa autora, María Lad, e ten de fondo unha música moi guai.

Sem comentários:

Enviar um comentário