13/06/17

II MERCADO TRADICIONAL



O EDL non ten máis que palabras de agradecemento para todos e todas os que permitistes que o II Mercado Tradicional do noso centro puidese levarse a cabo e ademais de maneira exitosa. Sen a vosa colaboración, nada podería chegar a termo, mais a satisfacción máis grande que temos como equipo é poder comprobar que todo o alumnado, sen excepcións, se integrou, gozou, traballou, participou e, sobre todo, coñeceu e entrou en contacto cunha parte da nosa cultura tradicional que non debemos esquecer.
Mil agradecementos tamén para os oficiantes, veciños de Lousame e da contorna, sen eles nada sería posible: o batán, ferreiro, hortelá, canteiro, carpinteiro, palilleira, mineiro, costureira, tecelá, muiñeiro, cesteiro, San Cosmeira, serrador, apicultor, mariñeiro (representación do Museo do Mar de Noia) e artesán de gaitas.
Grazas tamén a Fernando Docampo que, xunto cos compoñentes da agrupación Gaitas do Liceo de Noia e O son do Pote de Lousame, nos permitiu gozar de música tradicional durante toda a mañá. Á asociación A Creba tamén lles debemos o noso agradecemento así como á mostra das galiñas de Mos e produtos ecolóxicos da terra.
E por último ao Concello que puxo todo o que estaba na súa man para facilitarnos o traballo.

Non vos perdades as FOTOS, nelas veredes todos os obradoiros e os postos de comida, os bailes, tanto do profesorado como do alumnado, e os estupendos maios realizados.

Para vervos no programa A Revista da TVG, clicade AQUÍ E AQUÍ.









Sem comentários:

Enviar um comentário