13/06/17

COMO SE CHAMA?

Seguimos coa actividade comezada o curso pasado, na que pretendiamos dar cabida a distintos campos semánticos. Queremos ampliar o vocabulario galego que, na maior parte das ocasións, substituímos por castelanismos. O ano anterior traballamos co léxico da roupa e este correspóndelle ao léxico do material escolar. Desta volta,  o alumnado de 6º de Primaria foi quen realizou o traballou e colaborou para a toma das fotografías. Vede o vídeo e opinade. Para o próximo curso, outro campo semántico. Cal propodes vós?



Sem comentários:

Enviar um comentário