No día de onte, 3º e 4º da ESO acudimos ao Salón Teatro en Santiago de Compostela para ver a obra de teatro Pelos na lingua representada polo grupo Talía. Rimos a cachón, mais tamén reflexionamos sobre a situación da Lingua Galega na actualidade. Prexuízos moi comúns no día a día que, en ocasións, non sabemos identificar ou acábamolos aceptando, foron os que máis nos impactaron.
Queremos as vosas reflexións e os vosos comentarios sobre os sketchs que onte puidestes ver. Animádevos a comentar.
Gustoume moito a interpretación da obra pero sobre todo a forma de tratar os problemas e prexuizos que sufre a lingua galega
ResponderEliminarGustoume moito a representación teatral, sobre todo o tema que trata.Dun xeito comico , móstrasenos a situación do galego na actualidade e como se impón o castelán.pero a misión desta obra non se limita a eso senon que "denuncia" esta situación de desigualdade e defende a nosa lingua, o galego.
ResponderEliminarPor todo isto e máis podo decir que me encantou.
Un saudo!
Gustoume moito a obra, paseino moi ben.Conseguen amosar de forma cómica a situación actual do galego, como o castellano se impon sobre el.Todos os sketchs sone ejemplos perfectos do que esta pasando.
ResponderEliminarAsí que,la niña opinión,encantoume.
LUCÍA
Gustoume a obra, porque pretende concienciar a xente que non usa o galego a que empece a usalo. En resumen, gustoume a maneira en que tratan os prexuizos que sofre o galego.
ResponderEliminarÓSCAR
A verdade e que a obra foi moi divertida, rinme moito.
ResponderEliminarA forma natural que realizaron os sketchs foi acertada, pois dunha forma cómica conseguiron amosar a situación da lingua, para que a xente nova se dé de conta de que o galego non é inferior, nin moito menos, o cantarán.
Gustoume moito, mereceu a pena ir vela.
Esta obra encantoume moito pola retranca que tiveron a hora de representar os prexuízos que teñen a mayoría das persoas co galego deixando como o mellor ao castelán.
ResponderEliminarAntía Maroñas.
A min particularmente gustoume moito a obra, non só como representaban os actores, senón tamén o tema tratado, xa que inconscientemente nos está amosando a situación actual do galego dunha forma cómica. Por outro lado, nalgúns sketchs danos a coñecer que os galego falantes as veces deixamonos levar polo castelán e renegamos do galego sen querer.
ResponderEliminarSara Moledo
Foi unha obra moi graciosa e entretida. Gustoume moito
ResponderEliminarA obra de teatro gustoume moito, xa que os actores quixeron amosar de forma cómica todos os prexuízos que sofre a lingua galega e así darnos a coñecer que non son certos.
ResponderEliminarMarta Rodríguez
A min gustoume moito a obra e rinme moito.
ResponderEliminarCreo que teñen razón con moitos dos prexuízos do galego e si que me fixo darme conta de moitos deles e creo que se deberían evitar.
A obra gustoume moitísimo, porque diverteume moito e reinterpreta como é a situación agora co galego. volvería a outro tipo de obra así.
ResponderEliminarPablo
Particularmente gustoume a obra, porque dunha maneira divertida ensinaromnos situacións que ocorren na vida diaria.
ResponderEliminarTamén nos ensina a que nn teñamos vergonza a falar o galego, e que nn o deixemos de falar aínda que as persoas que che roden nn falen.
Saúl Caldas
Gustoume moito a obra,reinme moito e foi entretida.
ResponderEliminarTodos os sketchs son feitos amosandonos o que pasa hoxe en día.
Conseguen mostrarnos de forma cómica a situación actual do galego, que a maioria da xente renega da linguna polos prexuizos. Mereceu a pena.
Carla.
A obra gustoume moito, porque os actores representaron todos os prexuízos que ten a lingua galega dunha maneira cómica e moi divertida. A pena é que todos se producen na actualidade e que, a pesar das risas que nos pegamos, a realidade é tal como a describiron os actores coa súa representación e creo que iso debería facernos reflexionar.
ResponderEliminarXulia 3ºA
A obra gustoume moito, porque dunha forma divertida e entretida amosounos problemas que suceden ca lingua, e aínda que nos rimos moito pudimos ver con máis claridade exemplos que pasan na actualidade con galego.
ResponderEliminarOs sketchs estiveron moi ben, o que máis me gustou foi o da manifestación, pero todos estiveron xenial.
Nerea Carnota
A obra gustoume e pareceume bastante entretida e tamen porque che ensina a situacion do galego na actualidade,ademais ensinacho de unha forma cómica e entretida.
ResponderEliminarEnsinache tamén que por falar galego non vas ser inferior a alguén que fale castelán.
A obra gustoume moito,estaba moi ben representada, xa que amosan a realidade mediante as risas.Fai ver que o Galego é unha lingua importante e non debe de ter prexuízos, nin que a xente renuncie a ela.
ResponderEliminarIria Agrelo 4º
A obra gustoume pola forma de explicar a situación do galego de forma comica. Estaba moi ben representada e era moi interesante.
ResponderEliminarRaquel 3ºB
Foi unha obra moi entretida , na cal os estereotipos sobre o galego estaban moi ben explicados e dunha forma divertida. Nerea 3ºA
ResponderEliminarA obra gustoume moito ainda que me entristeceu como era representada a situación actual do galego Irene 3:A
ResponderEliminarA obra gustoume moito xa que se representaron situacións actuais dos prexuízos que sofre o galego dunha forma moi cómica. Rin moito vendo a actuación, pero tamen me din conta de que moita xente non fala o galego porque a xente que se encontra no seu entorno non o fala e é coma se lles dese vergoña.
ResponderEliminarAdrián Snatiago
Foi una obra moi entretida na que representaban una situación que ocorre na vida diaria.
ResponderEliminarFabián Congiu
A obra encantoume pareceume moi divertida, pero a vez tamen esta moi ben representado o problema que hai ca lingua galega dunha forma moi comica.
ResponderEliminarVerrónica 4º
A min pareceume unha boa obra devido o argumento defendido e a boaa interpretacion por parte dos actores.Gustoume que se tratase o tema dunha maneira comica.inda que é un tema serio que temos que facelo posible pra solucionalo.
ResponderEliminarJuan 3-A ESO
Pareceume unha moi boa obra na que se expresan situcións da actualidade,gustoume especialmente a escena do equipo de futbol,xa que o rapaz dicia que non entendía o galego, pero ao final sabía máis do que todos pensabamos
ResponderEliminarAdán 3-B ESO