EDL

EDL

18/10/16

NOVO TABOLEIRO



O EDL vai contar este ano con dous taboleiros da lingua no corredor central que nos identifican e que imos empregar para múltiples actividades. Como se ven facendo dende sempre, unha vez revisadas distintas fontes de información (prensa diaria e semanal, revistas, internet...),colocaremos alí as novas relacionadas coa lingua: novidades editoriais e discográficas, estreas cinematográficas e teatrais, aprobación de leis, datas sinaladas para a lingua, viñetas de humor, conflitos coa lingua...
Posteriormente, imos dinamizalo con actividades dirixidas ás últimas etapas de Primaria e Secundaria.
Aínda que o equipo é o encargado desta tarefa, animamos a toda a comunidade educativa a traer novas relacionadas coa cultura e a lingua galega. Serán benvidas e colgadas no taboleiro con todo o noso entusiasmo.

 

Sem comentários:

Enviar um comentário