06/10/13

Máis música con.... pan de millo.

Iniciamos o curso moi cantaruxeiros, así que máis música.
Pan de millo é un libro-disco publicado por Kalandraka e dirixido a público familiar en que Migallas  reúne 14 cancións infantís e versións de temas tradicionais que interpreta nos seus espectáculos e actividades de expresión dramática. Os arranxos e adaptacións están feitos por Magoia Bodega e Paulo Nogueira, músicos e educadores, membros do grupo Treixadura e moi vencellados a proxectos de divulgación da música galega tradicional. Canda eles, intérpretes do prestixio de Pancho Álvarez, César Longa, Begoña Riobó ou Segundo Grandío, entre outros artistas.Na web de Migallas ou na de Kalandraka atoapedes máis información.
En breve terémolo na biblioteca ou na aula de música? Seguro que si, preguntade por el.

Sem comentários:

Enviar um comentário