26/11/12

Sentenza contra o Decreto do plurilingüísmo


O Tribunal Supremo vén de ditar sentenza contra algúns puntos do Decreto do plurilingüísmo, en concreto os seguintes:

  • A consulta aos pais, sobre a lingua vehicular que desexaban para os seus fillos, non será en ningún caso vinculante. Será a Consellería quen deba lexislar sobre esta cuestión.
  • Tamén se derroga o punto que lles permitía aos alumnos usar a lingua vehicular que desexasen en cada materia, independentemente da lingua vehicular en que esa materia fose impartida. 
 As reaccións non se fixeron esperar e, como sempre, cada quen interpreta a sentenza ao seu entender. A Xunta, o organismo realmente responsable  e que debe acatar o dito pola Xustiza, afirma (inexplicablemente) que a sentenza avala o texto do Decreto, que tamén avalaron os cidadáns nas urnas. Quere isto dicir que non vai acatar a sentenza? 

Se a queredes ler completa e así evitar interpretacións alleas, clicade aquí.

Nós, mentres,  seguiremos coa nosa política lingüística, a que temos vixente desde sempre, a avalada polo sentido común. Usaremos a lingua propia con orgullo; ademais, respectaremos, aprenderemos e utilizaremos as demais linguas cando sexa necesario e/ou preceptivo: porque as linguas suman; non se exclúen, nin compiten, nin pelexan entre elas.

Sem comentários:

Enviar um comentário