23/11/12

CUMPRIMOS CO PROMETIDO


Traballamos arreo e o día contra a violencia de xénero xa chegou ao CPI Cernadas de Castro. Hoxe, adiantándonos ao 25 de novembro, toda a comunidade escolar luciu un lazo lila. Ademais rapaces e rapazas deixaron no corredor os seus lemas en contra da violencia de xénero e a favor da igualdade. Tamén os máis pequechos puideron gozar da lectura do libro Roi quere ser mamá da editorial A nosa Terra, texto que os nosos compañeiros situaron no corredor principal.










Sem comentários:

Enviar um comentário