23/10/11

PREMIOS DA CRÍTICA GALICIA 2011


 A escritora Ana Romaní no apartado de Creación Literaria; o físico e divulgador científico Jorge Mira en Investigación; a orquesta Son de Seu en Música; Proxecto Terra, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) en Iniciativas Culturais; Ángela de la Cruz en Artes Plásticas e Visuais, e a compañía Teatro Chévere en Artes Escénicas e Audiovisuais fueron os galardoados cos Premios da Crítica Galicia 2011, fallados e entregados o sábado pola fundación do mesmo nome nun acto celebrado en Vigo co lema “Eis o canto eterno dunha terra”, recollido dun verso de Lois Pereiro. A única ausencia entre os premiados foi a da artista Ángela de la Cruz, que reside en Londres.
A nosa noraboa a tódolos premiados, en especial a Son de Seu, un grupo folk que nos gusta moito, do que xa vos falamos hai tempo. Se aínda nos os coñecedes, mirade este vídeo:

Sem comentários:

Enviar um comentário