Unha recomendación literaria:
O ilustrador Xosé Tomás presentou a semana pasada en Santiago, na Biblioteca Ánxel Casal, a súa novela gráfica Nómades
(Galaxia), artellada sobre breves pero reveladores episodios que teñen
como fío condutor a emigración e como protagonistas a mulleres de
diferentes idades e condicións. Polas súas páxinas pasan mulleres que
atravesan o océano en caiuco, que se prostitúen para enviar o diñeiro ás
súas familias, que emigran na vellez por acompañar os fillos e non se
adaptan, que viven ás agachadas o seu lesbianismo ou que non poden
regresar ao seu país a enterrar a un ser querido pola situación laboral
irregular na que se atopan.
Nun país de emigrantes coma o novo, hanos vir ben a todos: profesorado de ciencias sociais, titores, orientación, clubes lectura ... e por suposto pais e alumnado, cremos que de secundaria.
En canto se poida, traerémolo para a biblioteca, que por certo reabre mañá, o Día das bibliotecas escolares. Animádevos a lelo e logo contádenos!
Temos os mesmos gustos! a biblio vai comprar tamén algún exemplar! Susi
ResponderEliminar