O grupo Pesdelán presentou hai uns días na biblioteca Ánxel Casal de Santiago un disco co que nos gustaría contar na nosa discoteca. Na punta do pé, publicado por Kalandraka, vén acompañado por un libro e un DVD. A obra anima a aprender cancións e bailes tomados da tradición popular galega e portuguesa, de forma divertida e participativa. Pesdelán está formado por músicos de recoñecidos grupos folk galegos, como Leilía, que interpretan doce temas tradicionais de Galicia e Portugal.
Sem comentários:
Enviar um comentário