Achégase o nadal, as vacacións, os días son máis curtos, teremos máis tempo para ler... Dúas recomendacións para os amantes da banda deseñada:
A primeira é MAMED CASANOVA, O FILLO DA FURIA, unha obra de Manolo López Poy e Miguel Fernández. Unha historia de aventuras, biográfica e en ton de suspense, sobre o mítico bandoleiro romántico. Un home que durante tres anos mantivo en tensión a toda a comarca do Ortegal. Un excelente prato para os que lles guste comer rebumbios de historia e acción.
A outra novidade é SEN MIRAR ATRÁS, de Dani Montero. Obra galardoada co Premio Castelao 2009 que outorga a Deputación da Coruña. Unha roadmovie con final sorprendente que demostra a calidade narrativa do autor no que supón a súa primeira primeira novela gráfica.
Sem comentários:
Enviar um comentário