EDL

EDL

26/10/10

O Samaín







Un ano máis chega o Samaín. Xa comezamos a celebralo e os compañeiros de primaria/infantil deixáronnos unha bonita exposición de cabazas, algunhas delas adubiadas con moita imaxinación. Mirade as fotos:Por certo, en relación con esta data, o EDL tamén convocou un concurso de relatos de medo no que vos animamos a participar. Mirade as bases no taboleiro do Equipo, no das aulas ou pedídellas ao voso titor. Ánimo, que haberá premios para os mellores!!

Para os que queirades saber máis desta data, deixámosvos algúns enlaces para que cliquedes: historia do Samaín; historia, lenda, crenzas erradas. No Recanto de Mick atoparedes información e diversas actividades.






1 comentário:

  1. Ola!
    Xa vexo que andades tan traballadores como habitual!
    Ó blog está bonito, a seguir traballando con moitas ganas!
    Eu sígovos que me acordo moito de vós!
    Un saúdo
    Claudia

    ResponderEliminar