A familia C, do autor Pep Bruno e a ilustradora Mariona Cabassa, acaba de gañar o III Premio Internacional Compostela, unha obra que o xurado cualificou de “imaxinativa, orixinal e moderna”. A través da ollada dun neno, este álbum aproxima os lectores a unha familia moi peculiar que adora o circo polo que representa de mundo posible-imposible e polo seu xogo de irreal-realidade. Demostra así que a rutina pódese impregnar de ilusión, logrando que actividades cotiás como facer o almorzo ou ir traballar acaben sendo unha grande aventura.
O libro vén de ser editado por KALANDRAKA en sete linguas: galego, castelán, catalán, euskera, portugués, italiano e inglés.
En breve estará na biblioteca á vosa disposición; como sempre, na nosa lingua. Animádevos e vinde solicitalo!!
Sem comentários:
Enviar um comentário