18/05/10

FESTA DAS LETRAS NO CONCELLO DE LOUSAME







Mirade estas fotos, seguro que moitos de vós non asististes a este evento e gustaravos velas.
O venres 14 de maio o Concello de Lousame celebrou a festividade das letras galegas cun acto que tivo lugar na Casa da Cultura, en Portobravo. O alcalde da vila, Santiago Freire, fixo unha semblanza de Uxío Novoneyra. Dende o colexio, na nosa liña de colaborar co Concello, enviamos a algúns dos nosos compañeiros e compañeiras a recitar poemas do autor; tamén se proxectou o vídeo que sobre Uxío realizaron os membros do ENDL, co obxectivo de achegar esta importante figura das nosas letras á comunidade educativa e á súa contorna. Finalmente, aproveitouse a ocasión para inaugurar a aula de música do Concello e gozamos da actuación da Banda Municipal de Lousame.

2 comentários:

  1. Recordade que, coma sempre, o resto das fotos tédelas na galería da páxina do centro.
    Ah! Fixéstelo moi ben, parabéns rapaces.

    ResponderEliminar
  2. Holaaa...compre dicir que ese día foi moi ameno o que pasa e que asistiu pouca xente,pero bueno para outra vez xa sabedes.

    ResponderEliminar