EDL

EDL

13/04/10

A voz de Castelao volve resoar nas salas do Museo Provincial de Lugo

Os populares lentes de Alonso Daniel Rodríguez Castelao danlle a benvida ao visitante na mostra que o Museo Provincial de Lugo estrea este xoves. Pinturas, caricaturas e debuxos do artista e intelectual rianxeiro, de cuxa morte en Bos Aires cumpríronse sesenta anos o pasado mes de xaneiro. Organizada pola área cultural da Deputación de Lugo e comisariada por María Pilar García Negro e Felipe Senén, A derradeira lección do mestre abrirase ao público este xoves e permanecerá ao dispor dos interesados até o vindeiro 10 de xullo.
A voz de Castelao, extraída das gravacións de Elixio González que custodia o Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), resoa nunha das salas do museo. A mostra, que privilexia o periodo que vai de 1936 a 1950, intenta retratar o artista nas súas diferentes facetas. Por iso, á parte das obras e fotografías do autor de Sempre en Galiza, o 27 de abril proxectarase Miss Ledya (1920), filme de José Gil no que Castelao participou como actor, seguido dunha charla do director da filmoteca, Guillermo Escrigas.
Vale a pena achegarse a visitala, animádevos!

Sem comentários:

Enviar um comentário