13/04/10

Xil Ríos: “Os de Voces Ceibes estaban moito máis organizados, eu tiña que levar as hostias só”


Xosé Antón Xil Ríos, chamado nalgunha ocasión O Rapsoda de Moaña, foi mariñeiro e fillo de emigrantes, e tamén un dos músicos que máis discos logrou vender cantando en galego, grazas a temas como Rapaciña bonita, Miña Maruxiña ou, sobre todo, Xirarei, coreado por varias xeracións de verbena en verbena. Tras varios anos centrado só no restaurante que ten no Morrazo, volveu agora á música con Son da alma, un disco no que mestura as músicas tradicionais galega e cubana e co que, no verán, volverá saír de xira.

A moitos nos soan e nos traen recordos estas cantigas, escoitaremos o disco novo e opinaremos

Sem comentários:

Enviar um comentário