EDL

EDL

19/04/10

Que ocorre co galego?

A porcentaxe de nenos castelánfalantes case duplica aos de galego
Segundo o Instituto de Estatística o 56,4% dos galegos ten como lingua preferente do país fronte a un 42,6% que ten o castelán. A perda de falantes é especialmente dramática nas zonas urbanas e entre a xente nova.
En 2003 o 43% dos galegos declaraban falar sempre a lingua propia. Cinco anos despois a porcentaxe de monolingües declarados é trece puntos menor (30%), o que significa practicamente a perda dun terzo deste tipo de falantes. Quen achega tan dramáticos datos é un organismo oficial que depende da Xunta de Galiza, o Instituto Galego de Estatística na súa Enquisa de condicións de vida das familias do ano 2008.
Pero a onde vai ese terzo de galegofalantes que se perde?
O galego perde por goleada entre os máis novos. Se xa é preocupante a caída de uso do galego en termos xerais, particularmente dramático é o emprego da lingua entre a xente máis nova. O 29,6% dos rapaces entre 5 e 14 anos empregan só o castelán, fronte a pouco máis dun 15% que o fan en galego. Tan só entre os maiores de 50 anos hai máis galegofalantes habituais que castelánfalantes. Outro dato que revela a escasa normalización da nosa lingua é que só o 15% dos cidadáns escriben habitualmente en galego, fronte a case un 83% que o fai case sempre en castelán.

Sem comentários:

Enviar um comentário