19/04/10

Apple e as linguas minoritarias

Apple comeza a interesarse polas linguas minoritarias
A nova versión do sistema operativo para móbiles estará, por primeira vez, en catalán, o que lle podería abrir as portas a unha versión en galego.
Este xoves tivo lugar unha das habituais presentacións de novidades de Apple. O seu presidente, Steve Jobs, presentou a nova versión do sistema operativo do iPhone, a 4.0, que estará dispoñíbel este verán. As novidades que traerá consigo aplicaranse, non só aos teléfonos móbiles da empresada mazá, senón tamén ao novo iPad e ao iPod Touch. A nova versión, ademais de permitir que os dispositivos poidan realizar varias tarefas ao mesmo tempo, dá o primeiro paso no recoñecemento das linguas minoritarias por parte de Apple. Segundo informa Vilaweb, que recolle varias fontes, o sistema operativo móbil da compañía de Jobs incluirá o catalán como lingua oficial. Sería, deste xeito, a primeira vez que Apple traduce un dos seus produtos ao catalán, despois das numerosas peticións de que fixese o propio co seu sistema operativo para computadores, o Mac OS X. E, hipoteticamente, abre a posibilidade de que algún día faga o mesmo co galego. Vilaweb tamén apunta que a decisión de Apple coincide coa próxima apertura da súa primeira tenda en Cataluña. A nova Apple Store estará no centro de Barcelona.
Creo eu que vai sendo hora de pedir o mesmo para o galego, non? Como sabedes, iso só depende de nós, dos usuarios galegos, se nós o queremos Apple ou "outros" hannos dar o que pedimos. Que pensades?

Sem comentários:

Enviar um comentário