EDL

EDL
BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!!

21/04/10

Debut de Azos, novo selo de jazz galego


"Azos é un brinde polo jazz vencellado a Galiza. Nace para apostar polos novos valores deste xénero no país e para dar conta das colaboracións artísticas entre jazzistas de calquera parte do mundo que teñan Galiza como lugar de encontro".
Esta é a tarxeta de presentación do novo proxecto proxecto do músico Abe Rábade e Sergio Lage, responsábel da discográfica Falcatruada. Os dous presentaron esta mañá o primeiro lanzamento, "Introducing Alvaro Vieto".
Trátase do álbum de debut deste guitarrista d'O Porriño. Colaboran o xaponés Masahiro Yamamoto ao saxo alto, o estadounidense Ross Gallagher ao contrabaixo, e o galego Max Gómez na batería.
Vieito debuta esta noite a partir das 20h30 no Salón Teatro de Compostela, onde se presentou o disco este mediodía. Todos os temas están compostos polo guitarrista, que cita a Pat Metheny, Espido, Mark Turnet e Bob Moses como algunha das súas influencias. Coa concerto deste martes, Álvaro Vieto comeza unha xira de presentación do novo traballo por Galiza e Madrid.
O segundo lanzamento de Azos Jazz será un novo disco do pianista Abe Rábade. Chegará en maio

Sem comentários:

Enviar um comentário