EDL

EDL

22/04/10

'Negra Sombra' unirá as prazas galegas no Día do Libro


A Xunta celebrará o vindeiro venres, 23 de abril, o Día do Libro con varios actos institucionais que se desenvolverán de xeito simultáneo en distintas cidades galegas. A través de 'ÁgoraLibros. Os libros nas prazas' a Consellaría de Cultura entregará cen mil libros para escribir de forma simultánea as estrofas do poema de Rosalía de Castro 'Negra Sombra' en Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

A través dunha intervención simultánea baixo o nome de ÁgoraLibros.Os libros nas prazas, os volumes serán colocados no chan en prazas de Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo para escribir as diferentes estrofas do poema Negra Sombra de Rosalía de Castro. O Goberno enmarca esta iniciativa na celebración do Ano do Libro e da Lectura e convida á participación de voluntarios, institucións e centros de ensino. O proxecto está organizado pola artista Luz Darriba, a través da Fundación Cumulum, e conta coa colaboración da Fundación SEUR na coordinación da loxística e o transporte dos libros doados por diferentes entidades e institucións.

A participar!

Sem comentários:

Enviar um comentário