15/03/10

A USC e o CGAI estudarán o 'potencial histórico' do NO-DO


Un equipo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) iniciará un proxecto de investigación en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) co que busca analizar o 'potencial histórico e antropolóxico' do material filmográfico do NO-DO relacionado con Galiza.

O historiador de cine e catedrático da USC, Xosé Luís Castro de Paz, dirixe o equipo interdisciplinar que examinará o discurso das imaxes no que pretende ser unha aproximación “rigorosa” á traxectoria histórica do noticiario creado polo réxime franquista

Sem comentários:

Enviar um comentário