EDL

EDL

15/03/10

A novela gañadora do García Barros editarase en papel e eBook


A Editorial Galaxia aproveitou o acto de sinatura do convenio co Concello da Estrada para a organización do Premio García Barros para anunciar que a partir da próxima edición a obra gañadora será editada en papel e en formato dixital.

A renovación do convenio entre Galaxia e o Concello da Estrada garante a publicación cada ano das obras gañadoras do certame literario estradense. O novo acordo, que terá unha vixencia de dez anos, introduce como novidade a publicación da novela gañadora da próxima edición do García Barros en formato dixital, polo que a obra poderá adquirirse no formato tradicional e e-Book.O acordo foi rubricado polo alcalde da Estrada, Xosé Antonio Doo, e o director da editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes e serviu para presentar oficialmente as bases da vixésimo segunda edición do premio de novela que ten unha dotación económica de 9.000 euros.Os orixinais terán que presentarse antes do 16 de abril.

Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário