23/03/10

Lingua e futuro

Así se chama o volume que coordina a profesora e filóloga Goretti Sanmartín e que será presentado mañá, 24 de marzo,en Compostela, na libraría Couceiro.
O libro recolle once achegas a prol do porvir da lingua propia de Galicia asinadas, entre outros, por coñecidos defensores da lingua como Xosé Manuel Beiras, Pilar García Negro, Carlos Amoedo ou Xosé Ramón Freixeiro Mato, ademais da propia coordinadora.
Este libro vénse a unir aos xa publicados nos últimos meses, tamén pola editorial Laiovento, como Contra o Racismo Lingüístico ou 55 Mentiras sobre a Lingua Galega, que en todos os casos teñen alcanzado importantes rexistros de ventas.

Sem comentários:

Enviar um comentário