05/02/10

O hip hop que emerxe en Galicia, en directo en Vigo



Kaixo Sama e EleCesar, Kongo, Lk Polaco, xunto aos coruñeses Quete e Judah ofrecerán un concerto, mañá venres, 5 de febreiro, a partir das 22:00 h, na sala Kingston Club, antigo Rass (Churruca 18, Vigo).
Kaixo sama Vs Elecesar, tras dúas exitosas maquetas, sacarán este mes de febreiro o seu primeiro maxi co selo franco-galego Renegade, aperitivo do seu primeiro disco que estará no mercado antes do verán.
Os vigueses Kongo e G Rodríguez son integrantes do grupo ?A Costa? que saca o seu primeiro traballo (unha mixtape) nas próximas semanas. Quete e Judah son dous mc coruñeses que presentan neste concerto a súa maqueta.
Pola súa banda, Lk.Polako é un mc vigues do barrio de Hispanidade e inseparable nos directos de Kaixo Sama e Elecesar. Presentan os seus primeiros temas que sairán entre os meses de marzo e abril. O custo de entrada é de 5 euros.

Que pensades?

Sem comentários:

Enviar um comentário