01/01/10

'Queremos Galego' traslada a protesta a San Caetano


'Queremos Galego' respondeu deste xeito ao cambio de ubicación do Consello da Xunta deste mércores. Alberte Nuñez Feixóo trasladouno dende o Pazo de Raxoi, na praza do Obradoiro, até San Caetano para non coincidir coa concentración.
Antes de iniciar a marcha, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, lembrou que a manifestación se fai porque "hoxe se vai perpetrar o maior ataque da historia da democracia contra a lingua". O voceiro destacou que en Galiza hai escolas infantís nas que só se dan clases en español e inglés. Un exemplo que, na súa opinión, proba a necesidade de manter a actual norma, que fixa nun 50% o mínimo de clases en galego.

1 comentário:

  1. como galegos debemos estar orgullosos da nosa lingua e a loita polo noso idioma debe continuar até que se recoñeza realemente o seu valor. SIGAMOS ESFORZÁNDONOS POLO GALEGO!

    ResponderEliminar