29/12/09

E máis música nas festas!



Milladoiro pechou a súa xira de conmemoración dos 30 anos que levan no mundo da música cun magnífico concerto no Teatro Colón da Coruña, logo de ter ateigado xa os auditorios das outras tres provincias galegas. Foi unha xornada entrañable na que lembraron moitos dos seus éxitos e na que contaron con convidados de excepción, algúns dos músicos que formaron parte do grupo ao longo destes anos, como Rodrigo Romaní, Laura Quintillán ou Roi Casal. Un público entregado e moi animado fixo que o grupo tivese que saír varias veces antes de abandonar definitivamente o escenario.



Sem comentários:

Enviar um comentário