30/01/10

Homenaxe ao Xestal en Carballo


Máis de quince anos despois da morte do músico, improvisador e contador de contos Carlos Díaz 'O Xestal', O Pazo da Cultura de Carballo acolle mañá o festival de homenaxe á súa figura. No acto participarán, entre outros, Cándido Pazó, Xurxo Souto, Toniño e Xan López do grupo Treixadura, o Colectivo O Xestal, Xico de Carinho e o Coro Aires de Bergantiños, do que 'O Xestal' foi fundador.

Sem comentários:

Enviar um comentário