30/01/10

Axudas ao cómic só para universitarios


Miguelanxo Prado, punta de lanza do cómic galego e autor dunha ampla bibliografía entre a que figuran Trazo de xiz ou Quotidiania delirante, non poderá concorrer ás primeiras axudas á banda deseñada (BD) postas en marcha pola Consellaría de Cultura. A convocatoria, publicada no DOG o pasado 19 de xaneiro, esixe que os beneficiarios sexan titulados en carreiras como Belas Artes, Teoría da Literatura e Literatura Comparada, Filoloxía, Tradución e Interpretación, Deseño Téxtil e Moda ou que teñan titulacións de formación profesional en Artes Gráficas, Deseño e Ilustración ou Patronaxe e Moda.
Este requisito, que tamén limita a autores como David Rubín, Emma Ríos, Carlos Portela ou Kike Benlloch, é un dos puntos que xeraron malestar entre o sector. O director xeral de Promoción e Difusión Cultural, Francisco López Rodríguez, asegura que a redacción das axudas adecúase “escrupulosamente” aos requisitos legais esixidos e non considera “contraditoria a esixencia de titulación co espírito da convocatoria”, que persegue que “os autores galegos aborden proxectos creativos ambiciosos que na actualidade o mercado non consegue promover” e favorecer “a edición de historias longas en galego”.

Que pensades?

Sem comentários:

Enviar um comentário