O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, cualificou hoxe como "sumamente positivo" o balance da presenza da industria do libro galego na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México), que serviu, ao seu xuízo, como "excelente plataforma" para proxectar a imaxe de Galicia en América.
Segundo destacou o director xeral, o evento constitúe "o maior expoñente" da edición para o ámbito iberoamericano, polo que viu que a Comunidade galega atopa nel "un excepcional ámbito" de difusión de obras e dereitos intelectuais.
Así mesmo, subliñou que a participación neste foro "permitiu manter contacto directo coa vangarda dun mundo que está a sufrir unha revolución absoluta". Neste sentido, o labor institucional centrouse en "abrir camiños" e fixar o símbolo de Galicia como lugar de encontro de culturas, recalcou.
Promocionar os libros galegos sempre resulta interesante, que dúbida cabe!
Sem comentários:
Enviar um comentário