03/12/09

Rivas critica a 'falta de respecto' cara á cultura galega


Nunha rolda de prensa que se realizou onte na librería Couceiro, en Santiago, para presentar o seu novo libro Episodios galegos, Tempos de esperpento (Xerais), Rivas considerou que "o facer político" en Galiza se basea na "presión, represión e favores" e que a sociedade galega está máis "fragmentada" que antes en lugar de profundar "nos lugares comúns". Neste sentido, incidiu na "importancia" da lingua no proceso de formación identitaria e da "construción nacional".Ademais, alertou da existencia dun "neocaciquismo" practicado polos "que gobernan" e denunciou que as actitudes da actual Xunta se sentinan a "desmantelar os servizos sociais" e a "minguar" a garantía do galego no ensino

Sem comentários:

Enviar um comentário