Hoxe día 12 entra na Academia Galega, Manuel Rivas (A Coruña, 1957), cun discurso titulado 'A boca da literatura. Memoria, ecoloxía e lingua' que será respostado por Xosé Luís Axeitos, secretario da institución presidida por Xosé Ramón Barreiro.
Co pan fresco dun novo libro nas librarías, Episodios galegos (Xerais) e o jet-lag dunha viaxe recente que o levou por Francia, Bulgaria e México, hoxeentra na Academia Galega Manuel Rivas. Crítico coa actitude do goberno autónomo coa lingua e a cultura, Rivas pensa que a Xunta debe facer a viaxe que os leve a coñecer o seu propio país.
Que pensades?
Sem comentários:
Enviar um comentário