12/12/09

'Gzcrea' falla os premios de Graffiti, Música, Teatro e Moda


Certame Galego de Creadores Novos 'Gzcrea 2009' convocado pola Consellaría de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, vén de fallar as categorías de graffiti, moda, música e teatro.

David Brey Vázquez acadou o primeiro premio coa súa obra Fetosintesis na categoría de Graffiti. Xosé Antonio Rodríguez Lagoa, con Comic na cidade, e Carlos Gómez Martin, con 3D cartonx, resultaron segundo e terceiros respectivamente.María Rosa Martínez Isla foi a gañadora na categoría de Moda coa colección Nipona.

No apartado de música Chotokoeu coas cancións Co paso do tempo e Tappin, foron vencedores.
Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário