EDL

EDL

29/12/09

Djunta mô

Esta expresión crioula que significa “axudar entre todos”, é o título do novo disco de Batuko Tabanka, un grupo integrado por doce mulleres caboverdianas asentadas dende a década de 1970 na Mariña Lucense. Músicos galegos, caboverdianos, brasileiros, portugueses e estremeños presentaron os seus instrumentos para arroupar musicalmente as cantareiras. As Batuko Tabanka contaron coa colaboración no disco de Xosé M. Budiño, Mercedes Peón, Rodrigo Romaní, Xosé Liz, Uxía Senlle, Antonio Por do Sol, Fernando Abreu, Isaac Palacín, Lola de Ribeira e os gaiteiros de Treixadura.

Deixámosvos un vídeo para que o vexades nestas datas tan festivas.

1 comentário:

  1. Encantoume!
    É fantástico!
    A riqueza intercultural é impresionante!
    Claudia

    ResponderEliminar