O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, valorou onte a creatividade dos artistas musicais galegos, pero asegurou que “falla estrepitosamente” o consumo. Varela dixo que Galicia ten un potencial musical “enorme” e que o sector galego que é “moi dinámico” e “pouco conflitivo”, pero dixo que a creatividade non se corresponde cos índices de consumo.
O titular de Cultura realizou estas declaracións no transcurso dunha rolda de prensa para presentar a participación de grupos e empresas do sector na BAFIM 2009, a Feira Internacional da Música que se celebrará en Bos Aires do 19 ao 22 de novembro. Previamente, o conselleiro mantivo unha reunión cos responsábeis musicais para abordar a actual situación do sector.
Roberto Varela referiuse á creación no futuro do clúster das industrias musicais de Galicia, e á necesidade de incentivar o consumo de música galega, e a apoiar os artistas nos seus desprazamentos para que poidan dar a coñecer a súa música no exterior. O patrocinio para que a música galega sexa cada vez máis coñecida internacionalmente é un obxectivo prioritario da Consellería de Cultura, dixo o seu titular.
Que pensades?
Sem comentários:
Enviar um comentário