17/11/09

Barreiro debulla o ascenso de Feixóo nun libro electrónico


O comentarista político galego, Manuel Barreiro, edita unha compilación dos seus artigos. Entre eles figuran as súas colaboracións con A Nosa Terra Dixital, a revista Tempos Novos e Galicia Diario.
Os artigos poden descargarse de balde nun libro en formato pdf dende a súa bitácora, De Paso, un dos máis populares no blogmillo político do país.
Baixo o título 'A novísima dereita e máis nós' o arquivo recolle textos publicados entre “a sesión de investidura como presidente de Alberte Núñez Feixóo e a celebración da manifestación convocada por 'Queremos Galego' o 18 de outubro”.
Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário