Xulián Maure: “Os políticos non entenden que a mellor biblioteca pública sería unha virtual”.
En 1979, Xulián Maure puxo en marcha Edicións Xerais de Galicia, co apoio da editorial Anaya. Dirixiuna durante cinco anos de xeito case artesanal, pero axudou en parte a profesionalizar o sector do libro en Galicia, xa que foi dos primeiros en asinar contratos laborais cos escritores. Foi tamén subdirector Xeral do Libro dende 1984, e hoxe, parcialmente retirado, é membro activo da Asociación de Tradutores Galegos. Dende alí impulsou a creación da Biblioteca Virtual Galega no ano 2000, anticipándose ao auxe do libro dixital. Dende a súa ollada, a peor carencia do sector do libro galego está na incapacidade de xerar novos lectores.
Sem comentários:
Enviar um comentário